OLALLA BUCETA

NOME ARTÍSTICO: OLALLA BUCETA
LOCALIDADE: VILAGARCÍA
ANO: 1976
TELF: +34 626 59 25 64
PÁXINA WEB:
FACEBOOK:      https://www.facebook.com/olalla.buceta 
INSTAGRAM:    https://www.instagram.com/pioyya/ 
ENDEREZO ELECTRÓNICO:  olallacbuceta@gmail.com   

ACERCA DE MIN:

Licenciada en BBAA pola Universidade de Vigo 2001. Vivo e traballo en Vilagarcía de Arousa. A natureza e a sociedade son os temas que máis abordo dende diferentes disciplinas, especialmente pintura, escultura e performances. Creo na Arte como alimento para a alma e na súa capacidade visionaria e transformadora da sociedade.

Expuxen en distintas cidades de Galicia e recentemente recibín o premio de Escultura pública do Concello de Vilagarcía coma homenaxe a loita contra o narcotráfico do pobo.

Nesta tenda online presento a colección "Skyline" que é un conxunto de 18 obras iniciadas en 2017.Nela céntrome na Terra e os seus elementos coa visión dirixida á fantasía e ao ensoño. Representa lugares posibles na liña entre o mar e o ceo, construcións, lugares para visitar, pequenos personaxes que xurden da abstracción...

No meu traballo teño a perspectiva dos 4 elementos: lume, auga, aire e terra.

Na colección "Trópicos Entrópicos" o Lume é o protagonista coa técnica de vertedura; e na colección "AMARES" o elemento Auga e a técnica do colaxe, ambos cunha perspectiva social e crítica.


Artista PINTORA